Sobre os autores

@sonxurxo
Enxeñeiro Informático ourensán, apaixoado do SIX e das aplicacións móbiles. Actualmente traballa no Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC, e adica o seu tempo libre á escalada e ó desenvolvemento de aplicacións para móbiles.

+34 629841755
@sabelabarreiro
Nada en Santiago de Compostela, Licenciada en Belas Artes, cun Mestrado de Educación. Actualmente traballa como freelance de Deseñadora Gráfica e Web; autora, entre outros, do deseño desta web e das aplicacións de GalApps. Cando ten tempo para viaxar visita e participa de exposicións de Arte e Deseño.
+34 653327192
@elpolta
Enxeñeiro Informático na etapa de tese, nado na Guarda pero cun tercio de vida na Coruña. Traballa no Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC na sección de SIX. Desenvolve cando pode para móbiles e gústalle a fotografía.   

+34 646354058

Contacto

Cabozo
Twitter
Facebook

Difusión

Toda a lingua galega no teu peto

Non volvas quedar mal coa túa xente ó tentar falar galego!

Conxuga automaticamente verbos en galego. Introduce calquera verbo na lingua galega e descubre co Conxugador Galego como conxugalo en tódalas súas formas. ConxuGalego funciona con calquera verbo, mesmo os irregulares..

Baseado no software Conshuga do grupo ProLNat@GE da Universidade de Santiago de Compostela e Cilenis

Non estás seguro do significado do verbo? Queres saber como se di noutros idiomas? ConxuGalego está integrado con DicionarioGalego e TradutorGalego.

Discutiches algunha vez con alguén sobre se en galego se escribe "abogado" ou "avogado"? Dubidas do significado dalgunha palabra galega?

Con DicionarioGalego iso é historia!
Busca no Dicionario Galego calquera termo, e descubre tódalas posibles acepcións da palabra. Se non atopa a palabra exacta pero si existe como posible raíz doutras, permite escoller entre as posibles coincidencias.

A aplicación obtén as definicións do Dicionario da Real Academia Galega de marzo de 2012

Queres saber como se di noutros idiomas? Buscaches o significado dun verbo e non sabes como conxugalo? DicionarioGalego intégrase con ConxuGalego e TradutorGalego.

Es galego e estás fóra da túa terra e non entendes nin papa? Vas facer o Camiño de Santiago e non sabes preguntar como se vai a un lugar?

Leva TradutorGalego no teu peto e non perdas unha!
Co TradutorGalego podes traducir palabras e textos de ou ao galego. Traduce automaticamente do galego ao español, catalán, inglés ou francés, e viceversa.

Se non che apetece escribir, coa función de ditado de TradutorGalego, deixa que traduza directamente o que che din.

Esta aplicación obtén todas as traducións do tradutor da web da Xunta de Galicia

Xa sabes como se di en galego o que buscabas e queres saber que outras acepcións pode ter o termo? Trátase dun verbo e queres usalo ben? TradutorGalego intégrase con ConxuGalego e DicionarioGalego.